Tema 5: A Evolución Biolóxica
1- Como explica a orixe da vida a teoría da xeración espontánea? Por que esta idea se mantivo durante tanto tempo?
Foi desarrollada por Aristóteles. Este con esta teoría postulaba que a vida xurdiu na Terra a partir da materia inerte que "espontaneamente" se transformaba para orixinar materia viva.Das súas observacións concluiu en cousas como que os peixes xurdían do lodo ou os cocodrilos xurdían dos troncos en descomposición que se encontraban no fondo da auga.
Esta idea mantívose moitos séculos xa que Aristóteles era de recoñecido prestixio.
2- Que experimento realizou Redi co cal se rebateu por primeira vez a xeración espontánea? Por que razón deixou algúns frascos sen cubrir?
A xeración espontánea foi refutada polo médico italiano Redi.Demostrou que as larvas de mosca que aparecían na carne en descomposición proviñan das propias moscas e non da carne en descomposición.
Este deixou algúns frascos sen cubrir para demostrar que as moscas que entraban en contacto coa carne e deixaban os seus ovos eran nos cales nacían as larvas.
3- Quen demostrou definitiva e irrefutablemente que non existe a xeración espontánea? Como o fixo?
Pasteur, mediante unha serie de experimentos demostrou de maneira concluínte que a xeración espontánea non existe e que, polo tanto, todos os seres vivos só proceden doutros seres vivos predecesores.Pasteur verteu caldo de carne en dous matraces e mediante o uso dunha chama curvou o pescozo dos matraces ata darlle forma de "S" para que puidese entrar o aire e os microorganismos quedasen atrapados na curvatura.
A continuación, ferveu o caldo dos matraces para esterizalo.
Finalmente co paso dunhas semanas observou que en ningún medio de cultivo se desenvolvían microorganismos. Cortou o pescozo dun dos matraces e ao cabo de pouco tempo, o caldo do matraz aberto púxose malo no cal se atoparon gran cantidade de microorganismos, mentras que o outro estaba intacto.
4- Como explica a teoría da sopa primitiva a orixe da vida na Terra?
- Os gases presentes na atmosfera espostos a radiacións e outros axentes da climatoloxía reaccionarían espontaneamente para formar moléculas orgánicas sinxelas.- As moléculas orgánicas sinxelas precipitáronse sobre a terra e foron arrastradas hasta o mar donde se disolveron pouco a pouco e formaron unha sopa primitiva.
- Nesta sopa, as moléculas reaccionaron entre si e orixinaron moléculas máis complexas, como proteínas. Co tempo formaríanse agregados moleculares en forma de coacervados que encerrarían moléculas, coma os ácidos nucleicos, que podían facer copias de si mesmas. Estes serían os precursores das primeiras células.
Comentarios
Publicar un comentario